Ir al contenido principal

Entradas

Destacados

Proletari@s do Rock & Roll

Vai ser difícil por en palabras o que vivimos o sábado no Dado Dadá: @s Proletari@s do Rock & Roll levabamos case dous anos con este proxecto e por fin conseguimos plasmalo nun disco logo dunha reformulación profunda da banda na que, por motivos varios, era necesario reinventarse e construír. Alá foron ducias de ensaios, varios concertos maiormente precarios pero intensos e emocionantes, sesións de gravación na Sala Moon, no local de ensaio e en Bungalow estudios, unha mestura e masterización que nos deu ben a lata e nos fixo retrasar a presentación e unha inversión económica persoal apoiada pol@s mecenas deste “crowdfunding inverso” máis coñecido como prerreserva ;) Alí estivemos tod@s e sentimos a vosa calor, a vosa emoción, o voso riso. Alí exorcizamos os demos todos inda que fora por un par de horas. Ata alí vos achegastes e cantastes con nós a pesar da contraprogamación e a presión “mediótica” que nos quere afundir na melancolía e no medo... e no sofá. Grazas por estar

Entradas más recientes

Conta atrás

...anotación dun diario proletario...

A gravación, que odisea...

Camisetas

Un crowdfunding inverso