...anotación dun diario proletario...


...anotación dun diario proletario...
 
... é a hora de lernos cos ollos pechados e non topeñar no canto da cicatriz polo que escorregan as leituras sonámbulas dos tempos desaprendidos que nos sinalan pero non nos devoran...porque nós faguemos empuxe e palenque coma quen inventa a escuadra e o cartapacio no mesmo pesadelo que nos mirou mañá erguernos sen recuar porque a nosa barricada cabe naquil cestiño de mazás que foran recollendo as mesmas maus que topamos desfeitas nas cunetas, as que cheiraban a todo o que medra fóra do faiado e por iso nos gustará sempre o cheiro aquelas maus...as maus das que traballan e multiplican e remexen e descobren un mesmo nome debaixo das cousas e lle chaman “mundo”, e ven nas margaridas colares e portas grandenísimas que lle poñen na palma a aventura dos pomos que mantiñan ILES pechados a cal e canto...e a nosa verdade é a das nosas maus... remo i arado, proa e rella sempre... (Quico Valeiras)





Proletarios do Rock & Roll (2018) 



Volta ao minimalismo do Rock de furgoneta e ensaios nos garaxes: máis roqueiro, máis social, máis saxo, máis cantautor con banda: O Bruce Springsteen galego, con telecaster incuída. 

Cunha banda renovada na sección rítmica e onde o saxo e a voz cobran máis protagonismo ca nunca, Xa están aquí, os Proletarios do Rock & Roll !!! 

     Sete temas propios novos e, por primeira vez, cinco versións adaptadas e personalísimas onde se  debulla todo o imaxinario persoal e colectivo desta banda con case 20 anos de historia.
 

Comentarios

Entradas populares