Proletari@s do Rock & Roll


Vai ser difícil por en palabras o que vivimos o sábado no Dado Dadá: @s Proletari@s do Rock & Roll levabamos case dous anos con este proxecto e por fin conseguimos plasmalo nun disco logo dunha reformulación profunda da banda na que, por motivos varios, era necesario reinventarse e construír. Alá foron ducias de ensaios, varios concertos maiormente precarios pero intensos e emocionantes, sesións de gravación na Sala Moon, no local de ensaio e en Bungalow estudios, unha mestura e masterización que nos deu ben a lata e nos fixo retrasar a presentación e unha inversión económica persoal apoiada pol@s mecenas deste “crowdfunding inverso” máis coñecido como prerreserva ;) Alí estivemos tod@s e sentimos a vosa calor, a vosa emoción, o voso riso. Alí exorcizamos os demos todos inda que fora por un par de horas. Ata alí vos achegastes e cantastes con nós a pesar da contraprogamación e a presión “mediótica” que nos quere afundir na melancolía e no medo... e no sofá.

Grazas por estardes aí e por escoitar.

Roberto Sobrado


 Anotación pra un diario proletario…

É a hora de lernos cos ollos pechados e non topeñar no canto da cicatriz polo que escorregan as leituras somnámbulas dos tempos desaprendidos, que nos sinalan pero non nos devoran. Porque nós faguemos cartapacio e palenque no mesmo pesadelo que nos mirou mañá erguernos sen recuar desa nosa barricada que cabe nun cestiño de mazás, e foran recollidas polas mesmas maus que topamos desfeitas nas cunetas sen liñas nin dedos nin pasado.
As maus das que traballan e multiplican e remendan e apalpan todo e lle chaman “mundo”. As maus que son maus e son ollos, abrindo a aventura dos pomos que mantiñan ILES pechados a cal e canto. As maus que son maus e son linguas, remo i arado, proa e rella sempre . As maus que son ventre e velutina, porque inda que o iodo llas gasas llos debamos ós outros
a nós tampouco se nos esquecerá mandar recado polas vísperas.

compostela, ano cero, Proletarios do Rock & Roll

quico valeiras

Comentarios

Entradas populares